HomesociedadePiden que a Xunta "recoloque" os alumnos do Frei Luis noutros centros...

Piden que a Xunta “recoloque” os alumnos do Frei Luis noutros centros mentres non rematan as obras

Na xornada deste xoves só acudiron a clase 30 dos 367 estudantes matriculados. Pais e nais tachan de "irresponsable" á Xunta por permitir a actividade lectiva nun espazo con "puntais, cravos oxidados e táboas no chan".

Publicado o

- Advertisement -

Só 30 nenos dun total de 367 acudiron a clase este xoves no colexio Frei Luís de Granada, en Sarria. Os pais dos pequenos rexeitan levar os seus fillos desde o pasado luns polo estado no que se atopa o inmoble, “totalmente apuntalado” debido ás obras. Por este motivo, os proxenitores pediron á Xunta de Galicia que “recoloquen” os seus fillos noutros centros mentres continúan os traballos e as actuacións no colexio.

Así o trasladou Javier Pico, que tamén avanzou a convocatoria dunha manifestación a partir das oito e media. “Temos falta de información por parte da consellería de Educación, e a día de hoxe non existe un informe definitivo de cal é o estado real do centro. O único que nos din é que é seguro. Pero non sabemos como din isto se a día de hoxe non hai un informe definitivo”, criticou.

“IRRESPONSABILIDADE” DA XUNTA

Neste sentido, lamentou a actitude “opaca” da Xunta e censurou que non se pode estar “nun centro público, con nenos de seis anos, rodeados de puntais, con cravos oxidados e táboas no chan”. Tachan de “irresponsable” á Xunta por recomendar que continúe a actividade lectiva nesas aulas.

Pico reiterou a necesidade de “recolocar aos pequenos noutros colexios” e de non os traer de volta ata que “sexa seguro”, unha vez feito un estudo completo das deficiencias do centro.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...