HomeSen categorizarTomé inaugura a tempada de catamarán pola Ribeira Sacra

Tomé inaugura a tempada de catamarán pola Ribeira Sacra

As rutas polo Canón do sil e Cabo do Mundo funcionarán ata finais de ano

Publicado o

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte, José Tomé, inaugurou este venres no embarcadoiro de Ponte do Sil a tempada de rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra da institución provincial, que arrinca con máis de 500 reservas, das que 260 son só para esta ponte de San JXsé.

Segundo traslada a Deputación nun comunicado, Tomé reivindicou a importancia da aposta da institución provincial por este servizo público que contribúe a “dinamizar a economía” axudando á hostalaría, ao turismo e ao comercio local “nun momento crítico” para estes negocios polas restricións anti covid.

“Quixemos non só apostar un ano máis polas rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra, senón empezar antes que nas tempadas pasadas porque cremos que repercutirá positivamente no sector servizos, que tanto o necesita”, recalcou.

As rutas polo Canón do sil e Cabo do Mundo funcionarán ata finais de ano, “sempre adaptándose e cumprindo coas medidas de prevención do coronavirus que vaian adoptando as autoridades sanitarias en cada momento”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...