HomesociedadeMonforte xa conta cos terreos para o futuro Parque do Hospital

Monforte xa conta cos terreos para o futuro Parque do Hospital

Nun acto celebrado nos terreos do futuro parque, próximos á vía de servizo da Ronda María Emilia Casas Baamonde, o Alcalde estivo acompañado polo Secretario Municipal, José Antonio Mourelle Cillero, así como responsables do Servizo de Expropiacións da Deputación de Lugo, encargados de levar a cabo este expediente, e o anterior titular dos terreos expropiados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, asinou este mércores pola mañá a Acta de ocupación definitiva dos terreos que serán destinados á construción do futuro Parque do Hospital

Alcalde destaca que “hoxe seguimos avanzando na consecución dun importante proxecto construtivo que fará que a cidade de Monforte teña un novo parque público no Barrio do Hospital, dotando a esta parte da cidade dun novo servizo público e que ademais contribuirá a paliar o déficit de estacionamento que ten o Hospital Comarcal tanto para os veciños que van a consulta como os que van de visita”. 

O novo parque público do Barrio do Hospital terá un carácter integral con varias zonas de céspede, unha zona de xogos infantíspaseos peonís lonxitudinais e transversais, estará dotado de varios elementos biosaudables de ximnasia para maiores e finalmente contribuirá a paliar o déficit de estacionamento na zona do Hospital contando co aproximadamente 60 prazas de estacionamento para vehículos e tamén contará con estacionamentos para motos, para bicicletas e prazas para minusválidos.

superficie da parcela que albergará este parque será de aproximadamente 6.212 metros cadrados, unha extensión moi importante e que ven dar un servizo público do que carece esa zona da cidade.

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...