IniciosociedadeA Xunta anima a participar nunha nova edición da Cata de Viños...

A Xunta anima a participar nunha nova edición da Cata de Viños de Galicia

O director xeral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, vén de presentar a nova edición das Catas de Galicia 2021, animando ás adegas e comercializadores a participar un ano máis neste certame de renome a nivel nacional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os participantes teñen ata o vindeiro mércores, 28 de abril incluído, para enviar o boletín de inscrición debidamente cumprimentado ao consello regulador correspondente, quen certificará que as empresas que se inscriban cumpren os requisitos e condicións establecidas nas bases do concurso. 

Ademais, como novidade, este ano haberá unha nova categoría de premios ao “mellor deseño da botella e etiquetaxe”, para premiar aquelas adegas que apostan tamén por unha presentación innovadora e creativa no seu etiquetado e no propio envase, pois moitas veces o consumidor escolle o produto pola súa imaxe exterior. 

Deste xeito, celebrarase no mes de xuño a XXXIII Cata dos Viños, a XXIII Cata das Augardentes, a X Cata dos Licores Tradicionais e o I Concurso de Deseño da Botella e Etiquetaxe. En cada unha desas catas, haberá diferentes categorías ás que poderán concursar os participantes, aínda que só se poderán presentar un máximo de dúas marcas que se estean comercializando por empresa e categoría.

No tocante ás bases do concurso, cabe sinalar que debido á emerxencia sanitaria da covid-19 no sector vinícola, este ano reducíronse os requisitos relativos ao volume de embotellado do viño para que as pequenas adegas non deixen de participar nesta nova edición. Toda a información relativa ás bases do concurso e as inscricións pódense consultar na seguinte ligazón: https://mediorural.xunta.gal/es/temas/agricultura/cata-vinos-aguardientes

Cata a cegas

O persoal da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), en colaboración cos consellos reguladores, é o encargado de desenvolver con todas as garantías, o rigor e a seriedade un dos concursos agroalimentarios máis importante de Galicia. Nel escóllense os mellores viños galegos, augardentes e licores nas súas diferentes categorías.

O persoal da Consellería do Medio Rural recolle e identifica as botellas participantes nas súas respectivas adegas, co apoio dos responsables de cada selo de calidade. Para garantir que as catas sexan a cegas, todas elas se envolven en material opaco e introdúcense posteriormente nunha caixa selada. Así, só queda visible o nome da categoría na que participa e o tipo de viño -tinto ou branco-. 

A través destas catas, a Consellería do Medio Rural recalca a importancia de promocionar, identificar e premiar os mellores viños, augardentes e licores galegos -elaborados fundamentalmente con uvas de variedades autóctonas- como uns produtos dotados dun carácter único e dunha personalidade recoñecible dentro e fóra da nosa comunidade.

Así, a organización outorgará un premio (trofeo e diploma) para o mellor viño branco e outro para o mellor viño tinto de Galicia, elixido entre os brancos e tintos mellor puntuados de cada denominación de orixe. Ademais, para cada denominación outorgaranse ata tres premios (Acio de Ouro, Prata ou Bronce) aos tres viños mellor valorados, así como aos Viños da Terra, colleiteiros, colleitas anteriores, madeira, espumosos e tostados (o número de premios por categoría sempre será en función do número de mostras participantes).   

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...