HomeComarca de SarriaLáncaraO Concello de Láncara non ten relación co caso dunha edil investigada,...

O Concello de Láncara non ten relación co caso dunha edil investigada, asegura o alcalde da localidade

Trátase do caso dunha edil desta localidade lucense investigada pola suposta usurpación da identidade dunha entidade bancaria.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, defendeu este luns que o Concello non ten nada que ver co caso dunha edil desta localidade lucense investigada pola suposta usurpación da identidade dunha entidade bancaria.

O alcalde foi chamado como testemuña ante a investigación aberta por un xulgado de Sarria por dúas denuncias dunha entidade bancaria e dun contratista contra a concelleira Begoña López, que deixou este sábado o grupo municipal socialista en Láncara, aínda que manterá a súa acta e seguirá como non adscrita.

Darío Piñeiro defendeu que o Concello “non ten absolutamente nada que ver neste asunto”. “Din que se utilizou o cartón do Concello para mandar un whatsapp e estou aquí como testemuña e non sei para que”, afirmou.

Trátase dun cartón SIM que se empregaba para comunicarse cos veciños, da que dispuña esta concelleira que foi apartada das súas tarefas de goberno, aínda que o alcalde desexaría que “a aparten de todo”, deixando a acta de concelleira, ata que finalice a investigación.

CARTÓN UTILIZADO PARA ENVIAR UNHA MENSAXE A UN CONSTRUTOR

Din que se usou o cartón para mandar un whatsapp a un construtor, aínda que non se si será verdade ou non“, dixo Darío Piñeiro, quen non oculta a súa “sorpresa” por ser citado como testemuña.

Esta investigación lévaa o Xulgado de primeira instancia número uno de Sarria por unha suposta usurpación de identidade da directora dunha sucursal bancaria e cuxo fin sería realizar unha transacción “falsa” para conseguir 10.000 euros. A denuncia parte desa entidade financeira e dun construtor que realizaría traballos na casa dos pais da concelleira Begoña López.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...