HomeComarca de ChantadaChantadaAbsolven ao dono dun local de Chantada acusado de agresión sexual

Absolven ao dono dun local de Chantada acusado de agresión sexual

Nunha sentenza con data do 7 de xullo, os maxistrados consideran probado que ambos mantiveron relacións sexuais no interior do establecemento en outubro de 2017.

Publicado o

- Advertisement -

O TSXG informou de que a sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu ao dono dun pub da localidade de Chantada acusado de agredir sexualmente a unha cliente á que coñecía desde había, aproximadamente, 18 meses.

Nunha sentenza con data do 7 de xullo, os maxistrados consideran probado que ambos mantiveron relacións sexuais no interior do establecemento en outubro de 2017.

Con todo, indica que as declaracións da denunciante, segundo a Sala, resultaron “con moi escasa credibilidade, con ausencia da suficiente claridade e seguridade expositiva, sen a mínima e necesaria convicción na súa linguaxe gestual, con contradicións e lagoas impropias, nunha situación de agresión sexual como a que trataba de describir, así como con fragmentaciones non acordes cunha exposición que puidese resultar crible”. Contra a sentenza cabe presentar recurso ante o TSXG.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...