HomesociedadeO Courel acolle en outubro o programa Xuventur 2018

O Courel acolle en outubro o programa Xuventur 2018

Preto de 200 mozos participarán durante as fins de semana de outubro no programa Xuventur no Courel, Os Ancares e A Mariña. A actividade combina programación de lecer saudable con estadías de fin de semana en establecementos situados en entornos rurais.

Publicado o

- Advertisement -

A iniciativa ofrece a oportunidade de coñecer as posibilidades do turismo como un dos motores de desenvolvemento do medio rural. O investimento da Administración autonómica para levar a cabo este programa na provincia será de 40.200 euros.

O fío condutor da programación son os recursos naturais. As estadías perseguen que a xuventude galega coñeza a riqueza natural, cultural e patrimonial da comunidade, con actividades que promovan a educación ambiental.

O Courel acollerá a actividade Estadías creativas, unha inmersión no medio natural a través da creatividade, con obradoiros de diversas disciplinas, como creación audiovisual, performances, artes escénicas, danza e creación literaria, entre outras actividades.

O programa é de balde e está dirixido a mozos de 18 a 30 anos. Inclúe aloxamento en establecementos turísticos situados no medio rural, manutención completa dende a cea do venres ata o almorzo do domingo e programa de actividades.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...