HomeSucesosA xuízo un acusado de baixar da rede material pedófilo desde unha...

A xuízo un acusado de baixar da rede material pedófilo desde unha IP localizada en Sarria

Tras identificar o usuario desde o computador onde se realizaban estas descargas, acordouse a entrada e rexistro no domicilio do investigado na localidade lucense.

Publicado o

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulga o vindeiro mércores, ás 10,00 horas, a un home acusado de descargar e compartir material de contido pedófilo desde Sarria no ano 2019. Por estes feitos, a Fiscalía pide para el oito anos de prisión. Segundo relata o escrito do Ministerio Público, no marco dunha investigación da Brigada de Investigación Tecnolóxica da Comisaría xeral da Policía Nacional tívose coñecemento da existencia de varios arquivos que circulaban por internet en diferentes direccións e que contiñan material “de contido inequívoco pornográfico infantil”.

Por este motivo, procedeuse a iniciar unha investigación na que se determinou que polo menos un usuario realizaba a procura, descarga e compartición de arquivos de carácter pedófilo, no que “interviñan claramente menores de 16 anos”, a través dun IP asociada a unha liña telefónica domiciliada en Sarria. Así, tras identificar o usuario desde o computador onde se realizaban estas descargas, acordouse a entrada e rexistro no domicilio do investigado na localidade lucense.

Alí, continúa o escrito de Fiscalía, localizaron o computador desde onde se realizaron as conexións a distintos arquivos de contido pedófilo que o acusado, “con pleno coñecemento”, procedeu a compartir a través do programa de intercambio de arquivos emule, “permitindo conscientemente a descarga dos arquivos previamente obtidos por el a outros usuarios da rede”.

Neste sentido, o Ministerio Fiscal sinala que se identificou plenamente o día 9 de outubro de 2019 entre as 13,03 e as 13,36, estando os arquivos completamente descargados e postos a disposición material do resto de usuarios da rede P2P. Xa no domicilio do procesado, a Policía interveu dous computadores portátiles, tres discos duros e un teléfono móbil que eran empregados polo acusado para a comisión das actividades ilícitas descritas.

Unha vez analizado o material intervido, os investigadores comprobaron que o acusado, baixo o nome do usuario xerado polo programa emule, descargou de maneira consciente material de contido pedófilo, no que se utilizaba a menores de 16 anos, numerosas fotos e vídeos multimedia. En total, nas unidades intervidas encontráronse un total de 22.000 arquivos. Do mesmo xeito, apunta a Fiscalía, comprobouse que o acusado non só almacenaba o material de contido pedófilo, senón que procedía a distribuílo e compartilo entre os distintos usuarios do programa P2P.

Por estes feitos, que o Ministerio Público considera constitutivos dun delito de corrupción de menores, pide para os acusado oitos anos de prisión, ademais da medida de liberdade vixiada por tempo de seis anos, que se executará con posterioridade á pena privativa de liberdade imposta e que consistirá na participación en programas formativos de educación sexual. Así mesmo, considera que tamén procede impor a pena de inhabilitación especial para calquera profesión ou oficio, sexa ou non retribuído, que leve contacto regular e directo con menores de idade, durante dez anos.

ÚLTIMAS

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...