HomeSucesosInvestigados dous condutores por duplicar a taxa máxima de alcol tras dous...

Investigados dous condutores por duplicar a taxa máxima de alcol tras dous accidentes en Monforte e Abadín

Sufriron dúas saídas de vía

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigados a dous condutores tras sufrir sinistros viarios e arroxar taxas de alcolemia positivas nas localidades lucenses de Monforte de Lemos e Abadín.

O primeiro deles tivo lugar o pasado martes 21 de marzo na estrada LU-617, que une Monforte e Belesar. Un vehículo sufriu unha saída de vía e terminou envorcando, segundo informou o Instituto Armado. O condutor, de 52 anos e veciño do Saviñao, foi investigado despois de arroxar taxas de alcolemia que duplicaban as máximas permitidas de 0.25 mg/l para condutores en xeral.

O segundo sinistro produciuse o pasado sábado día 25 na estrada LU-112, que une Rozas con Abadín. Neste caso, o accidente consistiu nunha saída de vía pola marxe dereita. O condutor, de 52 anos e veciño de Vilalba, arroxou tamén unhas taxas de alcol que duplicaban o máximo permitido.

ÚLTIMAS

Premios da XXVIII Cata do Viños da Ribeira Sacra

Este venres pola tarde levouse a cabo a entrega de galardóns da XXVIII Edición...

Máis fondos para mantemento de camiños rurais reclama o PP de Monforte

Os camiños rurais, explican desde o PP; son esenciais para vertebrar e conectar núcleos...

Fin de semana de festas patronais en Oural

A Xunta de Galicia colabora coas festas patronais de Oural, en Sarria, que se...

Carrilanas e xogos tradicionais en Folgoso do Courel

Un ano máis, o Concello de Folgoso do Courel dedícalle unha xornada ás tradicións...