Homesociedade170 persoas participan esta semana no programa Coñece a túa provincia

170 persoas participan esta semana no programa Coñece a túa provincia

Este martes comezaron as viaxes coa Asociación de Veciños Deportiva e Cultural Ríos Miño e Ladra de Martul, de Outeiro de Rei, e a Asociación de Mulleres Rurais O Noso Lar, de Láncara. A entidade de Outeiro de Rei visitou o Mazo de Santa Comba e, posteriormente, puxo rumbo a Sober para coñecer unha adega de Amandi, visitar a Rectoral de Gundivós e descubrir o traballo da olería tradicional. Tamén fixeron unha ruta no catamarán Deputación polo Canón do Sil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As rutas gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro leva a Asociación de Mulleres Rurais O Noso Lar, de Láncara ao Centro de Interpretación Terras do Miño para continuar pola Mariña. Neste caso, achegáronse aos concellos de Xove e Viveiro, onde visitaron o Faro Punta Roncadoira, o monumento natural Souto da Retorta e o centro histórico viveirense.

Xa o mércores será a quenda de dúas entidades lucenses, a Asociación de Veciños de Santa Cristina de San Román e a Asociación de Veciños de Coeses Agro Maior, que se trasladarán ata a Ribeira Sacra. Os primeiros viaxarán a Sober tras coñecer o Mazo de Santa Comba, mentres que os de Coeses farán un percorrido por Taboada e Chantada, con paradas en diferentes igrexas románicas ou o centro histórico chantadino, despois de ver as instalacións do Centro de Interpretación Terras do Miño.

Amuraxe, de Xermade, e a Asociación Provincial de Amas de Casa e Consumidores Lucus serán as entidades que participarán o xoves nestas viaxes, con paradas no Pazo de San Marcos e o Mazo de Santa Comba, respectivamente. Os primeiros visitarán Sober e o colectivo lucense percorrerá o patrimonio de Pantón e Carballedo, que inclúe visitas a unha adega, ao pobo dos Peares e ao convento do Divino Salvador de Ferreira de Pantón, entre outros.

Durante a tempada de outono, dende setembro ata novembro, son máis de 1.230 persoas de 55 entidades da provincia as que percorrerán a provincia con este programa que a Deputación puxo en marcha co obxectivo de que a veciñanza coñeza mellor toda a riqueza patrimonial das distintas comarcas lucenses e dinamizar desta forma a economía local, sobre todo o turismo, a hostalería e o comercio.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...