HomeSucesosO director de Alcor Seguridade di que os traballadores pedían pagos "en...

O director de Alcor Seguridade di que os traballadores pedían pagos “en metálico”

Está acusado de delitos contra os dereitos dos traballadores.

Publicado o

- Advertisement -

O director e os catro administradores da empresa Alcor Seguridade, con domicilio fiscal en Monforte de Lemos, acusados dun delito contra os dereitos dos traballadores declararon este martes na Audiencia Provincial de Lugo. O principal acusado defendeuse asegurando que os empregados pedían pagos “en metálico” e que chegaron a percibir 6.000 euros mensuais.

Ademais deles, tamén compareceron 14 das máis de cen testemuñas que se espera que presten declaración nesta macrocausa ao longo dos próximos días para dirimir a responsabilidade dos cincos acusados, para quen o Ministerio Fiscal solicita penas de entre dous anos e medio e tres anos e tres meses de prisión.

De acordo ao recolleito no escrito fiscal, os acusados obrigarían entre os anos 2011 e 2015 a máis dunha trintena de empregados a encadear “xornadas maratonianas”; asinar documentos en branco ao momento de rubricar os seus contratos de traballo; ou encher partes de servizo con códigos diferentes en xornadas de 24 horas “como subterfugio para evitar que a empresa contratante decatásese de que eran levados a cabo polo mesmo vixiante”.

Na primeira xornada do xuízo, sinalado para celebrarse inicialmente o pasado mes de xuño pero aprazado pola folga de funcionarios da Administración de Xustiza, a Fiscalía reafirmouse nas súas peticións de cárcere e no pago de 6.000 euros de multa a cada un dos 35 traballadores agraviados en concepto de responsabilidade civil.

A acusación popular, pola súa banda, solicitou penas de prisión de entre tres e seis anos para os imputados así como unha reparación en concepto de responsabilidade civil de 10.000 euros para cada un dos empregados prexudicados.

Os letrados do cinco defensas, que pediron no capítulo de cuestións previas a expulsión da acusación popular do procedemento –a cal foi desestimada– pola súa “estreita colaboración coa investigación cando esta era secreta”, negaron os feitos e solicitaron a libre absolución dos seus representados.

“RELACIÓN MÍNIMA”

O director da empresa e principal acusado na causa alegou que a súa relación cos traballadores era “mínima” así como tamén a súa inxerencia nos labores de contratación. Defendeu que Alcor Seguridade “facilitaba a posibilidade de facer horas extra”, pero que non as impuña e que algún dos denunciantes pediu expresamente “cobrar en metálico” por uns servizos polos que chegou a percibir, segundo o seu testemuño, sumas próximas aos “6.000 euros mensuais”.

Tanto o xerente como os administradores da empresa –que ademais de en Galicia prestaba os seus servizos en Asturias e Canarias– negaron ao longo da sesión –catro de forma presencial e unha última por videoconferencia– vulnerar os dereitos dos seus empregados nos termos que recolle o escrito de acusación. Este mércores a causa continúa adiante coa declaración dunha vintena de testemuñas.

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...