HomeCulturaObradoiro de regueifas para o alumnado de 5º e 6º de Quiroga...

Obradoiro de regueifas para o alumnado de 5º e 6º de Quiroga e Ribas de Sil

O obradoiro, dirixido ao  alumnado de 5º e 6º de Primaria dos CEIP destes dous municipios -43 rapaces e rapazas-, levarase a cabo o día  24 de setembro entre as 11:00 e as 12:30 h. no Salón de Actos da Casa da Cultura de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o departamento de Normalización Lingüística organízase conxuntamente, entre o Concello de Quiroga e o Concello de Ribas de Sil, un “Obradoiro de Improvisación Oral en Verso” .

A actividade  conxunta de todo o alumnado participante comeza cunha pequena demostración por parte dos regueifeiros: Luís “O Caruncho” e Pinto d’Herbón. No transcurso da sesión, que ten unha duración de 90 minutos, falarase sobre a historia da regueifa e de como chegou aos nosos días, cantarase un romance de cego enumerando diferentes lugares do mundo onde hai improvisación en verso e faranse prácticas de rima e ritmo.

Despois da práctica construiranse unha serie de coplas colectivas que se cantarán coa intención de practicar o ritmo da regueifa. Na última media hora, cada alumno/a fai as súas coplas individualmente ou en grupo.

Os obxectivos desta actividade, segundo matizou o concelleiro de Normalización Lingüística, Xosé Manuel Fernández, “son fomentar o uso do galego; o enxeño, a retranca, e o aumento do vocabulario; mellorar a autoestima; fomentar a musicalidade; e sementar o gusto pola poesía”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...