HomeCulturaTaboada acolle este venres a presentación do estudo premiado co XVI Certame...

Taboada acolle este venres a presentación do estudo premiado co XVI Certame de Investigación Condado de Pallares

O acto, que contará coa presenza da autora, Alberta Lorenzo Aspres, celebrarase ás 20.00 horas no Cuartel Vello

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Taboada acolle este venres, 27 de setembro, a presentación do libro A arquitectura bieita do Condado de Pallares: Os mosteiros femininos desaparecidos” de Alberta Lorenzo Aspres, premiada na XVI edición do Certame de Investigación Condado de Pallares, convocado pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. .

Alberta Lorenzo Aspres – doutora en Arquitectura e directora da plataforma virtual Proxecto ARGA: Arquitectura rehabilitadas de Galicia – analiza neste estudo as características arquitectónicas dos desaparecidos mosteiros bieitos femininos do antigo Condado de Pallares: os de San Xoán da Cova e Santao Estevo de Chouzán, en Carballedo; o de Santa María de Xián, en Taboada, o de Santa María de Pesqueiras, en Chantada, o de San Salvador de Portomarín e o de Santa María de Mosteiro, en Guntín.

No limiar da publicación, a investigadora pon en relevo a carencia de estudos monográficos sobre os mosteiros beneditinos femininos, fronte a abundancia de investigacións sobre os masculinos, e sinala a vontade de achega, con esta publicación, “o seu gran de area contra esta invisibilidade de xénero, ademais de colaborar na eliminación das numerosas lagoas que inundan o coñecemento do noso rico patrimonio”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...