HomeCulturaSarria acolle o 25 e 26 de outubro a IX edición do...

Sarria acolle o 25 e 26 de outubro a IX edición do Esmorga Fest

A Delegación Territorial de Lugo acolleu este martes a presentación do Esmorga Fest, que se celebrará en Sarria os días 25 e 26 de outubro e do que a Xunta é a principal patrocinadora, xunto con Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o Concello de Sarria e SON Estrela Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Artistas internacionais, nacionais e locais daranse cita o próximo 25 e 26 de outubro en Sarria no festival underground actualmente máis consolidado en Galicia. O cartel abarca ampla variedade de estilos, desde Canadá chega Ghostwoman cun estilo pop-rock psicodélico e un encanto sonoro profundamente adictivo. Nudozurdo é unha das bandas máis rabiosamente persoais e íntegras que deu a música española independente nas últimas dúas décadas. Pop, kraut, rock e sons tropicais, definen á banda Can. Triángulo de Amor Bizarro únense ao festival para incluílo na súa xira XX20 na que conmemoran os seus 20 anos nos escenarios.

Atención Tsunami, Cora Yako, Bernal, O Mozo López e así ata 20 nomes de bandas e artistas daranse cita nos concertos que se desenvolverán na sala Litmar e na sede da sociedade La Unión, neste caso só o sábado e con acceso gratuíto. As entradas para a sala Litmar poden adquirirse na páxina web do festival, onde tamén se poden consultar os detalles do programa.

Na presentación participaron o delegado territorial, Javier Arias, así como Jose Castro, Diego García e Juan Padín en nome da organización. Arias destacou “o pulo que está a experimentar o Esmorga Fest nos circuítos de música independente”, confirmando para esta novena edición a algúns dos artistas de máis proxección do panorama nacional e internacional.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...