HomeTerra de LemosMonforte“Verbas do Corazón, camiños de tinta e terra”, primeiro poemario de Gloria...

“Verbas do Corazón, camiños de tinta e terra”, primeiro poemario de Gloria Guerrero García coa Ribeira Sacra de fondo

“Verbas do Corazón, camiños de tinta e terra” é o primeiro poemario de Gloria Guerrero García e está inspirado na Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Verbas do Corazón, camiños de tinta e terra” é o primeiro poemario de Gloria Guerrero García, no que o amor pola terra, a natureza e as raíces se converten en verso.

A obra percorre emocionalmente a contorna da Ribeira Sacra, con referencias a varios concellos da zona, como Pantón, Sober, O Saviñao ou Monforte de Lemos, entre outros.
O libro estrutúrase en diversas partes que amosan a riqueza e diversidade do sentir e do
vivir: “Lugares con alma”, “Amor”, “Reflexións e sentimentos”, “Monforte”,
“Gastronomía e tradicións”, “Animais compañeiros”, “Natureza” e “Agradecementos”.

O poemario é unha homenaxe á paisaxe, ás xentes e ás vivencias que forman parte da identidade dunha das zonas máis fermosas e máxicas de Galicia.

Gloria Guerreio García, a autora, naceu o 9 de maio de 1961 en Monforte de Lemos e criouse en Ferreira de Pantón. Nesta primeira escolma de versos mergúllase na memoria, na experiencia e no sentimento. Actualmente reside de novo en Monforte, onde continúa escribindo a súa historia entre versos e pousadas memorias. Nos vindeiros días fará a presentación oficial do poemario da man de Peruchela Edicións.

ÚLTIMAS

“Diversidade, autenticidade e carácter”, os tres trazos que lle outorgou Javier Olleros aos aceites de Quiroga

Quiroga vén de celebrar a exaltación do seu ‘ouro verde’ e suma un novo...

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...