HomesociedadeEncontro de Lugo Termal 2018-2019 no balneario Augas Santas de Pantón

Encontro de Lugo Termal 2018-2019 no balneario Augas Santas de Pantón

O Presidente da Deputación reúnese en Pantón con 80 maiores beneficiarios do Lugo Termal, programación para lucenses maiores de 55 anos con descontos de máis de 60 euros en tratamentos mineromedicinais.

Publicado o

- Advertisement -

O obxectivo do programa Lugo Termal da Deputación é potenciar o benestar social e o envellecemento activo e impulsar o turismo termal na provincia. 1.120 lucenses beneficiaranse da 8ª edición desta iniciativa, de modo que o Hotel Balneario Augas Santas, en Pantón, acollerá a 750 persoas; o Hotel Balneario Río Pambre, en Palas de Rei, a 200; e o Hotel Balneario de Lugo, a 170 maiores.

Con esta iniciativa, os balnearios da provincia facturaron máis de 1,7 millóns de euros durante as 7 edicións celebradas. “Apoiamos a un sector de gran importancia económica na nosa provincia como é o do turismo termal e do benestar nos meses de menor afluencia turística, que dá emprego a 200 familias da provincia e que recibe cada ano a máis de 100.000 persoas”, apunta Campos Conde

Os 2 paquetes con descontos que puxo en marcha o Executivo Provincial a través do Lugo Termal son os seguintes:

  • Con estancia e pernoctación: é un paquete ao que poderán acceder 960 maiores e consta de6 días con 5 noites con pensión completa. Inclúe 12 técnicas de saúde, un recoñecemento médico á chegada, un programa de animación sociocultural de luns a xoves, asistencia especializada e programas específicos para persoas con problemas de mobilidade ou incapacidade. Todo isto por un prezo de 190 euros.
  • Sen estancia ou asistencia diurna: é un paquete de tratamentos termais que poden recibilos sen ter que pernoctar no balneario. Poderán beneficiarse 160 maiores con prezos de 200 euros para 30 técnicas terapéuticas, durante 10 días; e un recoñecemento médico. Campos Conde apuntou que “neste aspecto a Deputación de Lugo é pioneira en ofrecer esta modalidade de paquetes sen estancia.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...