HomePolíticaO alcalde de Chantada será tamén candidato do PP ao senado, que...

O alcalde de Chantada será tamén candidato do PP ao senado, que opinan da maniobra os socialistas?

Segundo o PSOE de Chantada o “regreso do alcalde ao PP ven motivado polas súas ambicións persoais e danlle igual os veciños de Chantada”.

Publicado o

- Advertisement -

A voceira socialista de Chantada, Raquel López Rodríguez, sinala que “ao señor Varela dálle exactamente igual os chantadinos, é unicamente por ambicións persoais”. Segundo os socialistas todo isto responde a un “paripé” do Alcalde e do PP, “do que terán que dar explicacións aos veciños de Chantada”. Despois de coñecerse que Manuel Lorenzo Varela ocupará o terceiro posto da lista dos populares ao senado, Raquel López asegura que “O verdadeiro candidato a Alcalde é o número 2 da súa candidatura posto que o señor Varela xa ten a cabeza posta noutras cousas e noutros privilexios”.

“Estou convencida de que dará carpetazo ás necesidades dos veciños de Chantada como fixo nos últimos anos, rexeitando iniciativas que beneficiaban ao conxunto da sociedade chantadina, como que o PP achegue investimentos dos cartos recadados polo canon da auga; ou non sumándose as demandas dos chantadinos, como a defensa dunha atención primaria digna, gratuíta e de calidade”.

“O señor Varela xa non ten escusas, quedou retratado como o que realmente é, unha persoa que se move polo interese persoal. Os veciños de Chantada necesitan un equipo preparado e traballador que representamos os socialistas” apunta Raquel López.

ÚLTIMAS

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Conta atrás para as 'Xornadas Lactouras', un ciclo de actividades arredor da micoloxía que...

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...