HomesociedadeA Madrid gústalle a Ribeira Sacra

A Madrid gústalle a Ribeira Sacra

A Semana Santa deste 2019 foi a de máis visitantes á Ribeira Sacra e a primeira ponte de maio preséntase na mesma liña, cunha previsión de ocupación do 97% nos hoteis e do 88% nos establecementos de turismo rural.

Publicado o

- Advertisement -

Desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra agardan, cos datos dos que dispoñen, que esta primeira ponte de maio continúe coa tendencia que se deu na Semana Santa. Segundo o Consorcio a elevadísima ocupación que se prevé, dá boa conta da importancia da Comunidade Autónoma de Madrid como emisora de viaxeiros para a Ribeira Sacra. O 1 de maio, vencellado á festividade rexional do 2 de maio, xera un periodo vacacional que prevé máis de 7 millóns de desprazamentos dende a capital española.

As cifras confirman o momento de auxe do xeodestino Ribeira Sacra na oferta turística dos mercados de interior. Aos datos de ocupación, engádese que nestes momentos xa non quedan prazas para as viaxes en globo pola Ribeira Sacra nas fins de semana. A tempada para estas viaxes comeza o 16 de maio e, a estas alturas do ano só quedan prazas durante a semana.

O Consorcio iniciaba esta Semana Santa outro modo de achegarse á Ribeira Sacra a través do xogo de escape, Búskalo en Ribeira Sacra. A iniciativa, que se desenvolve a través dunha aplicación, foi un éxito e ocupáronse todas as prazas. Para participar na seguinte proposta, o Consorcio abre o prazo de reserva de mochilas do 1 ao 31 de maio.

XI Cume Tapas

Entre o 25 de maio e o 9 de xuño desenvolverase a XI edición do Cume Tapas, concurso de tapas de Monforte que organiza a delegación da zona sur da Asociación Provincial Empresarios Hostalería e Turismo de Lugo.

Os establecementos interesados en participar teñen prazo aberto para inscribirse ata o 3 de maio. Para máis información e inscricións poden dirixirse á delegación da APEHL no Torreón da Cárcere Vella, na rúa Zapaterías ou chamar ao teléfono 982 412 050.

ÚLTIMAS

A tradicional ‘panceta ao espeto e o chourizo asado’ nas Festas do San Vicente en Margaride

Margaride de Lor, parroquia do Concello de Quiroga, estará de festas a vindeira fin...

Chantada celebra o 14 de febreiro o Desfile de Comparsas con 6.000€ en premios

O Concello de Chantada, co obxectivo de promocionar e conservar as tradicións vinculadas co...

Quiroga abre o prazo para participar no concurso de carteis que anunciará a Feira do Viño

O tema central do cartel será a Feira do Viño de Quiroga, reflectindo a...

155.000€ para impulsar 18 comercios da zona sur da provincia

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes algúns dos...