HomesociedadeA Mostra de Viños de Pantón preséntase aos medios

A Mostra de Viños de Pantón preséntase aos medios

Este venres deuse a coñecer a programación dunha das feiras do viño ‘pechacancelas’ da Ribeira Sacra na aldea da Míllara, no corazón da Ribeira Sacra e a carón do canón do Río Miño. A pregoeira será a artista galega Eva Iglesias.

Publicado o

- Advertisement -

As Feiras do Viño da Ribeira Sacra están collendo xa un bo costume, darse a coñecer con presentacións en enclaves emblemáticos dos concellos que as organizan. E así foi como fixo tamén o Concello de Pantón este venres levando á prensa ao lugar da Míllara, unha aldea rehabilitada que goza dunha localización e vistas privilexiadas respecto ao canón do Miño.

Deuse a coñecer o cartel do evento, a programación basicamente porque a imaxe gráfica, obra do deseñador monfortino Xosé Carlos Quiroga, corre xa polas redes sociais dende hai días.

Como empeza a ser costume neste evento, o pregoeiro/a escollido/a destaca por ter relevancia mediática dentro do panorama cultural e artístico galego e este ano non podería ser menos. A pregoeira será Eva Iglesias, a popular colaboradora de Land Rober, que nestes últimos anos deu o salto ao cinema colaborando nalgunhas producións televisivas, e tamén á TVG como presentadora dalgún programa. Iglesias vén do mundo das orquestras, destaca como cantante e dende hai uns anos descubriuse como colaboradora cómica nos diferentes sketchs nos que participa no “late night” con máis audiencia da galega.

A XXVI Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón empezará o día 17, Día das Letras Galegas, e rematará o domingo 19 de maio. Como en edicións anteriores, dentro da programación encáixase a Festa da Empanada o sábado 18.

O alcalde, José Luis Álvarez, e adegueiros, na Míllara / Concello de Pantón

Ademais do viño, presente con oito adegas do lugar, destaca o programa polos interesantes concertos, este ano a cargo dos grupos Broken Peach, La Fuga e Señor Aliaga, e das charangas Louband, de Sarria, Brexit, Europa, Fuego e Támega.

O pregón, a cargo de Eva Iglesias, será o domingo ás 12.30 h no recinto feiral, que como cada ano se ubica na Praza do Concello.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...