HomesociedadeA Deputación amosa o Lugo Inédito nos novos vídeos promocionais

A Deputación amosa o Lugo Inédito nos novos vídeos promocionais

O novo spot promocional, Lugo Inédito, recolle 13 lugares de interese turístico da provincia que teñen o privilexio de poder etiquetarse como únicos no mundo. Da zona sur amósase a Ribeira Sacra, a Serra do Courel e a igrexa de Hospital do Incio.

Publicado o

- Advertisement -

Lugo Inédito amosa da zona sur da provincia, a Serra do Courel, referente mundial de xeoloxía e recentemente declarado Xeoparque Mundial; a Ribeira Sacra, a maior concentración de románico rural de Europa e un viño de heroes e San Pedro de Fiz de Hospital no Incio, única igrexa de mármore do mundo.

O resto de recursos da provincia que se recollen no spot son: a muralla de Lugo; a Praia das Catedrais; Lugo como a provincia española con máis quilómetros de Camiño de Santiago; San Martiño de Mondoñedo; as pallozas dos Ancares; o castro de Fazouro; Santa Eulalia de Bóveda; o Souto da Retorta, un bosque con árbores xigantes; Ribeira Sacra e a fortaleza de Pambre.

Cóntase tamén con microvídeos para promocionar os xeodestinos provinciais da Ribeira Sacra, A Mariña, a Montaña e a Terra Chá e outro da provincia en xeral. Estes novos spots, que se atopan nas redes sociais oficiais da Deputación e en www.deputacionlugo.gal, no apartado específico sobre turismo, difundiranse a nivel internacional en plataformas para dar a coñecer os lugares de interese turístico máis singulares e únicas da provincia co obxectivo de atraer á provincia máis visitantes e coñezan lugares inéditos.

Desde a Deputación califican o novo material audiovisual dun paso máis no seu traballo para promover o conxunto do territorio lugués e facer do turismo un motor económico da provincia capaz de xerar emprego e riqueza. Neste senso, a campaña Lugo Cambia enmárcase no primeiro Plan Estratéxico de Turismo.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...