IniciosociedadeXornadas de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Xornadas de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra Xornadas de Portas Abertas entre o 14 e o 16 de xuño con actividades como rutas, viñobús, catas ou tuneis do viño.

Publicado o

- Advertisement -

Do 14 ao 16 de xuño celébranse a VIII Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño da Ribeira Sacra. Entre as propostas está o Viñobús, coas seguintes saídas o sábado, 15 de xuño:

  • Ás 10 da mañá do aparcamento do Parque dos Condes en Monforte de Lemos e con visitas a varias adegas, xantar en Sober e visita ao Centro Oleiro Rectoral de Gundivós
  • Ás 9.30 da Estación de Ferrocarril de Ourense e chegada ás 20.00 e con visitas ao Pazo de Tor, varias adegas, xantar en Chantada e paseo en lancha polo Río Miño
  • Ás 9.30 da Praza de Bretaña de Lugo e chegada ás 20.00 e con visitas ao Museo Etnográfico de Quiroga, varias adegas, xantar en Monforte, Museo do Viño da Ribeira Sacra e Mosteiro das Bernardas.

O domingo 16 de xuño:

  • Saída ás 10.00 do aparcamento do Parque dos Condes en Monforte de Lemos e chegada ás 15.00, con visitas ao, Ecomuseo de Arxeriz e varias adegas
  • Saída ás 9.30 da estación de ferrocarril de Ourense e chegada ás 15.00, con viisitas ao Centro Oleiro de Gundivós (Sober) e .varias adegas

Para o Viñobús cóntase con servizo de transporte e guía acompañante especializado na Ribeira Sacra. A actividade ten un custe de 5€/adultos, 2´50€/nenos (de 3 a 13 anos). O xantar non está incluído. Aforo limitado.

Celebraranse Rutas como a do “Románico en Pantón”, con visitas ao Mosterio do Divino Salvador, San Miguel de Eiré, Santo Estevo de Atán e San Vicente de Pombeiro con guía especializado en Románico; “Entre sendeiros do Sil por Castro Caldelas”, ruta de sendeirismo de 6 km.  PR-G “Dos bosques máxicos en Castro Caldelas” e “Somerxete no Miño” por Chantada, ruta de sendeirismo de 6km. entre viñedos en San Fiz e no Camiño de Inverno, con visitas a unha adega e paseo en barca polo Miño. Inclúe degustación de petiscos maridados con viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, así como guía, acompañante e transporte.

Entre outras actividades as Xornadas de Portas Abertas contarán con Cata comentada e Picoteo, o día 14; Gincana Infantil pola zona histórica de Monforte e Túnel do Viño no claustro do Centro do Viño da Ribeira Sacra o día 15 de Xuño. Para todas as propostas é necesaria inscrición previa na web da Ruta do Viño da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...

“A nai que me pariu!” campaña do CCU de Sarria polo Día da Nai

¡A nai que me pariu! é o nome da campaña do Centro Comercial Urbano de...

24 anos da Mostra do Aceite de Quiroga

Esta feira gastronómica, a única da provincia nesta categoría contou esta fin de semana...