HomesociedadeMonforte, Lugo e a provincia promociónanse en Expocidades 2019

Monforte, Lugo e a provincia promociónanse en Expocidades 2019

A Deputación leva os recursos turísticos da provincia á feira turística do Eixo Atlántico, Expocidades 2019, que se celebra na localidade lusa de Braga ata o 2 de xuño, coa participación tamén, dos concellos de Monforte e Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

Expocidades 2019 reúne a oferta turística dos municipios de Galicia e Norte de Portugal integrados no Eixo Atlántico co fin de promover turisticamente estes destinos nun mercado de proximidade e favorecendo deste xeito a relación directa entre axentes turísticos e comercializadores. De media, esta feira de turismo conta cuns 6.000 visitantes chegados de diferentes países de Europa.

Desde a Deputación destácase que “Expocidades é un escaparate idóneo para dar a coñecer a riqueza histórico-cultural, natural e gastronómica lucense no mercado portugués que continúa sendo o primeiro mercado internacional para Galicia”.

O organismo provincial repartirá o material de promoción turística dos concellos, os cinco novos folletos sobre os 4 xeodestinos da provincia de Lugo (A Mariña Lucense, Ribeira Sacra, Ancares Courel e Terra Chá), e outro especial dedicado á gastronomía lucense. Ademais do espazo da Deputación, a provincia tamén estará representada polos Concellos de Lugo e Monforte de Lemos que terán stands propios na feira por seren municipios que integran esta entidade de cooperación transfonteriza.

Neste 2019, o Goberno da Deputación estivo presente en FITUR; no Salón Internacional de Gastronomía e Turismo-Xantar en Ourense; no Forum do Camiño de Santiago-FAIRWAY onde puxo en valor as particularidades do Camiño Norte a través dunha FAMTRIP; e en Expo-vacacións en Barakaldo.

ÚLTIMAS

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...

Sarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

O Concello de Sarria vén de presentar unha nova edición do seu evento estrela...

Quiroga presume dos datos turísticos que deixa o 2025

Os museos tamén aumentan as visitas ás instalacións, destacando especialmente o Museo Etnográfico que...