HomesociedadeSarria educa en igualdade

Sarria educa en igualdade

O Concello de Sarria, a través do Centro de Información á Muller (CIM), está a traballar este tema cos centros educativos dende a perspectiva da prevención.

Publicado o

- Advertisement -

Para garantir a igualdade todos e todas temos responsabilidade, e o aspecto educacional e preventivo xoga un papel moi importante. No Concello de  Sarria sábeno e programan actividades para a concienciación conxuntamente cos centros educativos da vila.

Insisten na importancia de unir esforzos e traballar conxuntamente co obxectivo común de acabar coa violencia de xénero, e entenden que a prevención é unha ferramenta fundamental.

Co financiamento do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade, dende o mes de maio estanse a desenvolver obradoiros lúdico-educativos co alumnado dos centros educativos da contorna, dirixidos á prevención e á sensibilización sobre a violencia de xénero.

Este mércores día 12 de xuño, as actividades realizaranse no CEIP Antonio Fernández López de Oural, o xoves 13 no CEIP Frei Luis de Granada en Sarria, o luns 17 e martes 18 no Colexio da Merced, tamén de Sarria, e o 19 e 20 de xuño no CPI Ramón Piñeiro de Láncara.

A finalidade destes obradoiros é involucrar ao alumnado na importancia dos valores igualitarios, libres de prexuízos e de estereotipos sexistas, no respecto ás diferenzas individuais de cada persoa, na reflexión sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse e no coñecemento das consecuencias desas relación tóxicas.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...