HomesociedadeA APEHL pon en marcha un curso de pilates para traballadores da...

A APEHL pon en marcha un curso de pilates para traballadores da hostalaría

A actividade terá unha duración total de 70 horas a está especificamente pensado para os traballadores deste sector.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación Provincial de Empresario de Hostelría e Turismo de Lugo (APEHL), a través da súa delegación na zona sur da provincia de Lugo, vén de anunciar a posta en marcha dun curso gratuíto sobre pilates para hosteleiros.

Esta actividade ten como obxectivo a prevención de trastornos músculo-esqueléticos relacionados coa actividade profesional do sector hostaleiro, e está especificamente deseñado para os seus traballadores. O curso terá unha duración de 70 horas e será impartido os luns, martes e mércores en horario de 16:00 a 18:00.

O prazo de inscrición remata o día 18 de xuño e os interesados nesta actividade deberán chamar ao teléfono da delegación sur da APEHL (982 41 20 50), onde recibirán máis información.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...