HomesociedadeVía libre para os novos usos das antigas instalacións ferroviarias da Pobra...

Vía libre para os novos usos das antigas instalacións ferroviarias da Pobra de San Xiao

A Xunta de Galicia informou favorablemente ao "plan especial de infraestruturas e dotacións" que contempla o traslado da Casa do Concello de Láncara ao edificio da antiga estación e permitirá, entre outras actuacións, a creación dunha gran zona verde, con aparcamentos e carrís bici.

Publicado o

- Advertisement -

O proxecto naceu para darlle novos usos ás antigas instalacións ferroviarias da capital municipal de Láncara, unha vez que entrou en funcionamento a variante da Pobra de San Xiao. O servizo de Urbanismo da Administración autonómica vén de dar por “superado satisfactoriamente” o trámite de “avaliación ambiental estratéxica deste proxecto”, de xeito que xa non será necesario seguir “o procedemento ordinario, moito máis complexo”, segundo informou este mércores a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.

Búscase a integración no núcleo urbano da Pobra de San Xiao das instalacións ferroviarias que deixaron de funcionar tras a entrada en servizo da variante indicada; darlle novos usos á maioría das construcións existentes, crear unha Senda Verde e acondicionar diferentes zonas axardinadas son algunhas das actuacións previstas. A Xunta autoriza unha intervención sobre unha superficie de case 33.700 metros cadrados, en terreos polos que discorre a estrada autonómica LU-546 e a antiga rede ferroviaria.

Entre as construcións aproveitables están a antiga estación de tren, un edificio que albergaba o apeadeiro para viaxeiros, un cargadeiro para mercadorías, un depósito de auga e varias edificacións accesorias. Unha das medidas contempladas nese plan especial é o traslado da Casa do concello do Láncara ao edificio da antiga estación de tren e dotar dun uso dotacional á antiga terminal de mercadorías. Tamén se rehabilitará un pequeno almacén e o depósito de auga, mentres que as demais edificacións serán demolidas. Na contorna haberá unha zona verde, aparcamentos, carrís bici e carreiros peonís.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...