HomesociedadeA información do tempo máis accesible cunha nova pantalla en Monforte

A información do tempo máis accesible cunha nova pantalla en Monforte

O Concello instalou unha pantalla no Campo de San Antonio que permitirá coñecer máis información sobre o tempo e a calidade do aire.

Publicado o

- Advertisement -

Os operarios do Concello de Monforte instalaron o pasado xoves día 27 unha pantalla que permite coñecer información pública de metereoloxía e calidade do aire. Está situada no Campo de San Antonio, xunto ao Concello. En caso preciso, tamén ofrecerá a posibilidade de dar avisos á cidadanía ante posibles fenómenos metereolóxicos extremos ou casos de mala calidade do aire por contaminación.

O Concello aclara que a decisión de ubicala nese punto débese a que, ademais de dar información aos veciños, tamén pode proporcionarlle datos de interese aos peregrinos do Camiño de Inverno. O Alcalde de Monforte, José Tomé, sinalou que estas instalacións “son un logro importante e colocamos as Monforte no mesmo ranking que o resto das cidades galegas en canto a información meteorolóxica se refire”.

Trátase dun dos tres elementos que o Executivo local está a instalar coa colaboración de Meteogalicia. Xa no mes de marzo se instalou unha estación metereolóxica na Pinguela e proximamente colocarase unha cámara web na muralla xunto á porta de acceso á Torre da Homenaxe.

Pantalla de información metereolóxica en Monforte / Cedida

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...