HomesociedadeA Asociación Albores inicia unha campaña informativa sobre a contratación de persoas...

A Asociación Albores inicia unha campaña informativa sobre a contratación de persoas con problemas de saúde mental

Trátase da primeira iniciativa destas características no sur de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

A partir do día 1 de xullo e durante todo o mes a Asociación Albores realizará unha serie de visitas a empresas do concello de Monforte de Lemos para ofrecerlles información sobre os incentivos á contratación de persoas con problemas de saúde mental. Trátase da primeira iniciativa destas características no sur de Lugo.

Así, as empresas recibirán información sobre o Servizo de Inclusión Sociolaboral, que comprende dous programas: O “Programa Inclúete no Emprego“, cofinanciado pola Unión Europea e a Xunta de Galicia (Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020) e o “Programa Inclúe Emprego“, cofinanciado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia en colaboración con FEAFES Galicia. Inclúen axudas para os empresarios como unha dedución no imposto de sociedades de ata 12.000 euros, subvencións para pago de salarios e bonificacións nas cotizacións á Seguridade Social.

A finalidade desta campaña é a de aumentar a inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental, un eido no que a Albores leva anos traballando. Deste xeito, tamén desenvolverán accións de información a potenciais empregadores, emparellamento de ofertas e demanda, obradoiros que demande o empresariado para a aprendizaxe de ocupacións, formación en competencias dixitais, aprendizaxe de técnicas de busca de emprego e acompañamento nos procesos de incorporación á empresa se fose preciso.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...