HomesociedadeOs dereitos humanos centran as Xornadas Xurídicas de Sarria

Os dereitos humanos centran as Xornadas Xurídicas de Sarria

Entre o 5 e o 6 de xullo, a Casa da Cultura desta localidade acollerá este foro que honra a figura do seu fundador, o maxistrado sarriano Román García Varela.

Publicado o

- Advertisement -

Estas xornadas, que chegan á súa XIII edición, vanse consolidando ano tras ano polo prestixio dos xuristas que participan nas ponencias e nas táboas redondas que conforman o programa. E nesta edición tamén haberá representación internacional como é caso da Sra. Dona María Muñoz Maraver, da Oficina do Alto Comisionado de Nacións Unidas para os Dereitos Humanos de Ginebra, e o ponente Sr. D. Luis López Guerra, Catedrático de Dereito Constitucional e Ex Presidente da Sección do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

Na xornada de hoxe, 5 de xuño, abordáronse temas tan interesantes como “O labor do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos”, “A trata de seres humanos na España do século XXI”, “O principio de xustiza universal: a recente doutrina xurisprudencial”, “O dereito de asilo e as migracións” e “Xurisprudencia civil sobre Convención de Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade”.

XIII Xornadas Xurídicas de Sarria Román García Varela. Foto: Prensa da Deputación de Lugo

Para mañá, sábado 6 de xullo, na xornada final do foro xurídico, está programada unha interesante táboa redonda a partir das 10:30 h. e tras a pausa café das 12:45 h. procederase á clausura das mesmas coa intervención da Sra. Dona María Teresa Fernández de La Vega, Presidenta do Consello de Estado.

Neste encontro dominical intervirá a Valedora do Pobo de Galicia, Dona Milagros Otero Parga, cunha ponencia na que defenderá a importancia e necesidade das “defensorías do pobo” na sociedade actual; o letrado das Cortes, Sr. D. Luis Molina Moreno falando da observancia dos dereitos humanos no ámbito da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa; e o Sr. D. José Luis Seoane Spielgelberg, maxistrado do Tribunal Supremo, coa ponencia “Os dereitos humanos das persoas con discapacidade: a Convención de Nova Iork de 1 de decembro de 2006”.

Os directores das Xornadas Xurídicas sarrianas son D. Román García-Varela Iglesias, letrado da Administración de Xustiza, e o Profesor e Doutor Carlos Lema Devesa, catedrático de Dereito Mercantil pola UCM, con despacho en Madrid e moi apegado a Galicia en xeral e a Sarria en particular. De feito, Carlos Lema foi o continuador do gran labor que fixo o fundador destas xornadas, o maxistrado Román García Varela, finado en xuño do ano 2013.

As Xornadas Xurídicas están organizadas polo Concello de Sarria en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo.

ÚLTIMAS

Monforte comeza a renovación do pavimento da rúa Ourense

O proxecto consiste no fresado completo da vía e na reposición da capa de...

O BNG de Monforte pedirá no pleno que o concello asuma o Plan Madruga

Desde o BNG lembran que este recurso funciona con normalidade en numerosos concellos da...

Esperta Monforte leva a pleno revisar a rebaixa do IBI

Coa rebaixa do IBI, Esperta lembra ao equipo de goberno as actuacións "que teñen...

‘Plan da Viabilidade Invernal’ 2025-2026 da Deputación de Lugo

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, comentou na presentación do Plan...