HomesociedadeColaboración entre Xunta e Folgoso do Courel para crear unha área recreativa

Colaboración entre Xunta e Folgoso do Courel para crear unha área recreativa

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, mantivo unha reunión coa alcaldesa do municipio lucense, a popular Lola Castro Ochoa, para falar deste e doutros temas de interese.

Publicado o

- Advertisement -

No encontro deste sábado a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, interesouse por diferentes necesidades e demandas do Concello de Folgoso do Courel e comprometeuse coa alcaldesa, Lola Castro, a analizar a posibilidade de colaborar na creación dunha área recreativa en Mogoxe.

A Xunta destacou, nun comunicado, que a rexedora local explicoulle á conselleira que a definición desta nova zona á beira do río Lor “consistirá na roza e limpeza do terreo e nunha limpeza e saneamento do muro de contención próximo á estrada LU-651”.

Lola Castro lembroulle á representante de Medio Ambiente que a posible creación da área recreativa é “unha demanda dos veciños de Folgoso”, e engadiu que “este ámbito de esparexemento permitirá definir unha zona apta para o baño e o lecer, fixando ao mesmo tempo atractivos turísticos que ofrecer aos visitantes deste concello”.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...