HomesociedadePor Chantada pide medidas para atallar as adicións ás apostas

Por Chantada pide medidas para atallar as adicións ás apostas

O partido chantadés presentará unha moción no próximo pleno ordinario na que pedirá medidas ao Concello para regular as apostas e atallar o problema da ludomanía.

Publicado o

- Advertisement -

O partido Por Chantada-CUP presentará no próximo pleno ordinario do día 1 de agosto unha moción relativa á problemática das apostas e a ludomanía. Esta formación calificou este asunto de “problema social de primeira orde” e engadiron que “todo o mundo mira cara a outro lado”.

Por Chantada pedirá que o Concello estude ordenanzas para dificultar a proliferación de máquinas comecartos, aplicar medidas fiscais máis duras neste ámbito, impulsar a concienciación e a prevención e non subvencionar ou subscreber convenios con entidades que acepten publicidade de empresas de apostas. Ademais, nesta moción tamén se recolle que o Concello inste á Xunta a endurecer a súa nova Lei do xogo.

Durante o 2016, os galegos perderon uns 28 millóns de euros en salas de máquinas de apostas, unha cifra que non ten en conta o gasto online, que no conxunto do Estado Español foi de 11.000 millóns de euros. Por Chantada destacou a especial incidencia desta problemática entre a mocidade, xa que o 30% dos menores entre 14 e 17 anos recoñece que apostou algunha vez.

ÚLTIMAS

O 7 de xullo celébrase a I Festa Interxeracional Concello de Chantada

A Festa terá lugar o 7 de xullo no pavillón do colexio Eloisa Rivadulla....

Martín Alemparte, anterior xerente do GDR Ribeira Sacra-Courel, toma posesión como director da AGACAL

O acto desenvolveuse no complexo administrativo de San Caetano. Durante a celebración a conselleira...

Luisa Villalta segundo Olga Novo, este 31 de maio en Quiroga

A relatora será a profesora, escritora e tradutora da Pobra do Brollón, Olga Novo;...

Formación en cestaría para a Asociación As Cavarcas do Incio

Dende As Cavarcas destacan a importancia de que a institución provincial, a través da...