Achegamento dos cativos/as á artesanía tradicional

O Concello de Quiroga desenvolve unha actividade divulgativa para que os nenos e nenas inscritos nos campamentos de verán coñezan os oficios galegos. Farán unha visita ao Museo Etnográfico e participarán nunha pequena demostración traballando o coiro.

Museo etnográfico de Quiroga. Foto: Concello de Quiroga

Hoxe martes, día 6 de agosto, entre as 10 e as 14 h, terá lugar unha demostración de artesanía, traballos en coiro, no Museo Etnográfico Municipal de Quiroga.

Nesta actividade participarán os nenos e nenas dos campamentos de verán que o Concello de Quiroga está a desenvolover ao longo do meses de xullo e agosto. O obxectivo da mesma é que coñezan os oficios tradicionais galegos a través da visita guiada ao Museo Etnográfico e a participación nesta demostración.

A acción divulgativa forma parte do Programa de Promoción da Artesanía que desenvolve o CENTRAD da Deputación Provincial de Lugo e poden achegarse a vela todas as persoas que o desexen de xeito gratuíto.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here