HomesociedadeComezan as festan de Quiroga, sen "festa da cervexa" pero si coa...

Comezan as festan de Quiroga, sen “festa da cervexa” pero si coa Panorama

Hoxe comezan as Festas de Verán do concello, celebracións que se alongarán ata o vindeiro 11 de agosto e que ademais de grandes orquestras inclúe no programa actividades para todos os públicos e o concerto de Susana Seivane.

Publicado o

- Advertisement -

Coñecidas as previsións meteorolóxicas para a tarde de hoxe, a comisión organizativa das Festas de Verán de Quiroga consensuou cos cervexeiros inscritos a cancelación da Festa da Cervexa Artesá que tería que facerse esta noitiña. En calquera caso, a actuación da Orquestra Panorama, programada para despois, segue en pé.

A partir das once da noite, e ubicado o escenario nas inmediacións do pavillón municipal, a mediática orquestra galega presentará a súa xira “Number One Tour”, a primeira das actuacións que esta orquestra realiza na zona sur da provincia.

Mañá venres, 9 de agosto, as actividades trasládanse ata o parque da Constitución onde a partir das 18:00 h. terá lugar o quinto Torneo de Street Soccer e o primeiro Torneo de Street Voley. Entrada a noitiña será o momento da cea de convivencia entre veciñas e veciños, a décimo cuarta edición da Festa da Comunidade onde os participantes poderán degustar unha gran paella baixo unha carpa que se instalará dadas as previsións meteorolóxicas que apuntan certa inestabilidade para estas xornadas.

As entradas para participar nesta cea -prezo simbólico de 6 €- están á venda en diversas cafeterías da vila, no Centro Social e o mesmo día da cea no recinto feiral. A cea rematará cun animado baile a cargo do Dúo Camelia.

De cara á fin de semana, o sábado terá lugar a XXVIII Mostra do Mel de Quiroga e pola noite actuará Susana Seivane -ás 00.30 h.-, mentres que o domingo o protagonismo será para a Banda de Música de Chantada. Durante os dous días haberá diferentes actividades para público familiar e verbenas amenizadas polas orquestras Atenas, Nazaret e Limón.

Cartel das festas

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...