HomesociedadeSober e AFAMON colaboran para apoiar ás familias coidadoras

Sober e AFAMON colaboran para apoiar ás familias coidadoras

O programa, denominado Rede Paraugas, conta coa colaboración da Fundación Barrié e Fagal, Federación Alzhéimer Galicia. Comezará en setembro e prolongarase ata xuño do 2020.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober colabora con AFAMON, Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer de Monforte, para crear un grupo de traballo de apoio a familias coidadoras de persoas con demencias ou outras enfermidades neurodexenerativas. O proxecto comezará en setembro e ao longo deste mes de agosto, os interesados poden inscribirse no departamento de Servizos Sociais do Concello.

Inicialmente, e co fin de analizar as necesidades de cada grupo, realizarase unha fase de avaliación, asesoramento e información. Esta, de carácter grupal, terá unha duración de 6 horas  nas que se valorarán os coñecementos e experiencias en materia de autocoidados, recursos sociais, estimulación no fogar, etc.

Posteriormente, e unha vez fortalecido o grupo de axuda e coñecidas as necesidades dos participantes, realizarase un acompañamento mensual do grupo, sendo o coordinador das sesións, o profesional que se considere necesario en cada caso: psicóloga, traballadora social ou terapeuta ocupacional.

O Concello de Sober colabora con esta iniciativa que pretende mellorar a calidade de vida tanto das persoas enfermas como dos seus coidadores.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...