HomesociedadePresentación de ofertas para xestionar o bar da área recreativa de Cadeiras

Presentación de ofertas para xestionar o bar da área recreativa de Cadeiras

O Concello de Sober ten prazo aberto ata o 26 de agosto para presentar ofertas para a concesión da explotación do bar da área recreativa de Cadeiras, en Pinol.

Publicado o

- Advertisement -

O contrato de xestión será anual e terá un custo de 120 euros sen IVE. O local conta con todos os servizos. O horario de apertura ao público será aproximadamente de luns a domingo de 12:00 a 20:00 horas.

Correrán a cargo do adxudicatario os gastos correntes derivados do funcionamento da actividade, como o consumo da electricidade, lixo e outros. Os interesados poden obter máis información no perfil do contratante da web institucional www.concellodesober.com ou no número 982 46 00 01.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, califica a localización deste servizo como “un lugar moi emblemático do turismo da Ribeira Sacra, próximo ao Canón do Sil e ao miradoiro de Cadeiras e con vistas ao santuario.”

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...