HomesociedadeChegou a gran semana da maxia a Sarria

Chegou a gran semana da maxia a Sarria

23 magos e magas, chegados de diferentes puntos do mundo, traerán a esta vila o mellor dos seus espectáculos. O XIV Festival de Maxia terá lugar do 22 ao 25 de agosto.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sarria organiza, coa coordinación do mago local Roberto Lolo, este prestixioso festival de maxia que dende hai catorce anos pon a esta vila no punto de mira dos amantes do ilusionismo cunha chea de espectáculos que se reparten por diferentes emprazamentos públicos e locais hosteleiros de Sarria.

Hoxe, 22 de agosto, comeza a acción. Ás 17:00 h. o Mago Pollo estará na Residencia de Anciáns e a esa mesma hora haberá unha conferencia exclusiva para magos na terraza Meigallo a cargo de Giancarlo Scalia. A continuación, máis espectáculos; no Paseo do Malecón ás 18:30 h. con Luigi Ludus e ás 19:45 h. na terraza O’ Chanto co Mago Paco. Pola noite, ás 22:45 h. a Sala Buril acollerá unha gala con Javi Rufo, Samuel Moreno, Dani Polo, Giancarlo Scalia e Dania Díaz.

Para o venres, máis espectáculos dende as 17:00 h., coa estrutura do día anterior pero cambiando os escenarios e a combinación de magos/as.

De cara á fin de semana, e tamén coa estrutura dos días anteriores –conferencia, maxia en diferentes emprazamentos e gala nocturna- a novidade é que haberá un show ás 13:00 h. con maxia infantil. O sábado na Praza de Santa Marina e o domingo na Praza do Concello.

Programa e magos ao detalle

Como peche a estes catro días de maxia o domingo ás 22:30 h. realizarase unha ‘Gran Gala Final” na Praza da Vila presentada polo anfitrión Roberto Lolo e coa intervención de Mago Joel de Cuba, Dani Polo, Samuel Pons, Dania Díaz, Nano Arranz, David Díaz e Raúl Camaguey.

Dos 23 magos/as asistentes a esta edición, e sen desmerecer a ningún, poderiamos destacar a Giancarlo Scalia, mago italiano especializado en maxia de preto, Luigi Ludus, mago con man para o público familiar e que fai ‘maxia cantada’ ou Tomás San Juán, que pasou por Got Talent na recente edición. Outros cracks como Miguel ángel Gea ou o Mago Joel de Cuba repiten presenza en Sarria.

Mago Miguel Ángel Gea. Foto cedida por Roberto Lolo

Roberto Lolo, coordinador do evento está moi satisfeito co cartel e con ganas xa de pasalo ben e facelo pasar ben a todos os veciños, veciñas e visitantes de Sarria. O pasado ano fixémoslle unha entrevista que podedes ler aquí se queredes saber máis detalles deste Festival de Maxia Vila de Sarria.

ÚLTIMAS

A Fiscalía abre proceso contra José Tomé por acoso sexual

O paso da Fiscalía Provincial prodúcesetras recibir unha denuncia particular por feitos "supostamente delituosos"...

Os veteranos do Club Quixós de piragüismo fan pleno no podio nunha proba disputada en Portugal

O Club Quixós desprazábase esta pasada fin de semana ata Portugal para competir na...

Courel Vivo pide que se inclúan os concellos de montaña na nova lei de administración local

Desde Courel Vivo consideran que eliminar adminstrativamente as comarcas levará a distanciar máis os...

O territorio do Lor e o Xeoparque Montañas do Courel confírmanse como referencia para o trail running a nivel nacional

A XII edición do Quiroga Trail Challenge vén de rematar cun gran éxito de...