IniciosociedadeDenominación de Orixe Protexida Aceite de Quiroga para cando?

Denominación de Orixe Protexida Aceite de Quiroga para cando?

O alcalde de Quiroga en representación da Agrupación de Produtores e Envasadores de Aceite de Quiroga interésase ante a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia polo estado de tramitación do expediente de solicitude de inscrición de “Denominación de Orixe Protexida” para o aceite producido e elaborado na comarca de Quiroga.  

Publicado o

- Advertisement -

A solicitude de inscrición da Denominación de Orixe Protexida presentouse perante a Consellería de Medio Rural, a través da Xefatura Territorial de Lugo, o día 14 de marzo de 2019. Xunto coa solicitude de Denominación achegouse a documentación esixida pola lexislación vixente necesaria para a apertura e tramitación do correspondente expediente, que o executivo galego ten que remitir ao Ministerio de Agricultura, primeiro, e á Unión Europea, despois.

Transcorridos máis de tres meses dende que se formulou a solicitude, a Agrupación de Produtores e Envasadores de Aceite de Quiroga non ten coñecemento do estado de tramitación da mesma, especialmente no que se refire aos artigos 8 e 9 do Real Decreto 1335/2011, de 3 de outubro.

Desde o concello informan que se transcorrido o prazo de 6 meses que teñen para resolver, que remata o día 14 de setembro de 2019,  non se recibe contestación, presentarase o recurso correspondente.

O aceite de Quiroga presente en ‘la vuelta’ Ciclista a España

O aceite de Quiroga, que loce xa a denominación de Biosaudable -distinción avalada polo departamento de Química Analítica da Universidade de Córdoba-, formará parte do stand “..E para comer, Lugo”, que a asociación de hostalaría da provincia de Lugo vai colocar na zona vip de todas as saídas de etapa da volta ciclista a España que comeza este sábado, 24 de agosto, en Torrevieja e remata o día 15 de setembro en Madrid.

Esta será a primeira vez que o aceite de Quiroga participa nesta promoción turística que fai a asociación de hostalería da provincia dende hai oito anos e na que participan produtos presentados polos consellos reguladores da Ribeira Sacra, Ternera Gallega, Queixos Arzúa-Ulloa, Queixo do Cebreiro, de Tetilla e San Simón. Así como polas Indicacións Xeográficas Protexidas da Pataca de Galicia, Castaña de Galicia, Fabas de Lourenzá, Grelos de Galicia ou Pementos de Mougán, entre outras.

A APEHL -Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo- calcula que estes postos son visitados cada ano por máis de 20.000 persoas, o que supón unha importante promoción para o aceite de Quiroga.

ÚLTIMAS

Unha apertura de portas nun encoro pon en perigo a dous pescadores en Carballedo

Os pescadores puideron saír polos seus propios medios despois de pedir axuda ao 112...

Primeira xuntanza sobre “Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, Montes de Saberes”, o 24 de abril ás 16:30 no auditorio de Escairón

A actividade enmárcase no proxecto Comunidades Rurais Sostibles desenvolvido por Acción contra a Fame...

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...