HomesociedadeA Pobra do Brollón prepárase para o San Vitoiro

A Pobra do Brollón prepárase para o San Vitoiro

A popular romaría do San Vitoiro celébrase os días 27 e 28 de agosto na parroquia de Saa nun escenario de excepcional beleza natural, xunto ao río Lebrón e aos pé dunha impresionante peneda que remata en miradoiro.

Publicado o

- Advertisement -

O día grande do San Vitoiro é o martes 27, que ademais é festivo municipal. A tradición é levar comida entre amigos e familia para gozar todo o día á sombra das árbores na contorna do río. Nesta xornada tras a misa e procesión ás 13:30 comeza a sesión vermú musicada polo grupo de gaitas Samparasón. A festa continúa todo o día ata a madrugada. Pola tarde segue a animación musical con Samparasón, e a partir das 19:30 comeza a verbena coa orquestra Galilea e as charangas Europa e Era Visto. A festa está garantida ata altas horas da madrugada con sesión de disco móbil e a cumbia de Os Costaleros do Día Anterior.

O mércores 28 tamén comeza ás 13:30 cunha misa e procesión, e despois sesión vermú cun grupo de gaitas. A partir das 20:00 haberá verbena coa Charanga Nova Terras de Trives, seguido de pancetada popular a partir das 21:30, e novamente a charanga rematará a festa.

Para garantir a seguridade do evento, o día 26 celebrarase reunión no Concello para acordar as normas de boa convivencia. Entre as medidas contarase cun Plan de Emerxencias acordado entre a Comisión de Festas e o Concello da Pobra do Brollón. Como noutros anos, o Concello comprometerase a establecer un servizo de ambulancia durante a celebración. Haberá tamén brigada e motobomba do Distrito Terra de Lemos e unidade móbil da Garda Civil.

‘A nosa prioridade é a seguridade dos asistentes nesta marabillosa romaría popular. Grazas ao espírito de colaboración entre veciños, concello e corpos de seguridade poderemos gozar todos xuntos de dous días de convivencia festiva’ afirma o alcalde, Xosé Lois Maceda. As normas de boa convivencia publicaranse na páxina web e redes do Concello da Pobra do Brollón para a súa máxima difusión.

ÚLTIMAS

En marcha a humanización da Praza Luis García Arias en Chantada

Co mes de setembro deron comezo as anunciadas obras de mellora da Praza Luis...

Falece o octoxenario ferido por quedar atrapado baixo unha rozadora

O home octoxenario ferido o pasado luns tras quedar atrapado baixo unha rozadora en...

Monforte saca a licitación a reforma do edificio municipal de Duquesa de Alba

O inmoble, situado nunha parcela de 620 m2, é propiedade do Concello de Monforte...

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...