HomesociedadeConcienciación sobre a Igualdade no Saviñao

Concienciación sobre a Igualdade no Saviñao

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao comeza en setembro un Ciclo de actividades de Concienciación sobre a Igualdade, con propostas dirixidas maioritariamente á cativada, que se desenvolverán tódolos venres desde setembro ata o Día das Bibliotecas, en outubro.

Publicado o

- Advertisement -

Setembro arrinca na Biblioteca do Saviñao coa actividade =Igual con Dani Viéitez e Iria Iglesias, autores da serie do Raposo Rufo e de Amanita e Pilonga que falarán do seu traballo como ilustradores e das tarefas na casa que reparten equitativamente. A cita será o venres 6 de setembro ás 12.00 h., neste contacontos relacionado coa igualdade, coñeceranse conceptos coma a empatía, o respecto, o sexismo e o feminismo; rematarase cun obradoiro.

As seguintes citas serán o 13 de setembro con Carmen Domech e A carteira de Augasclaras; o 20 de setembro en horario de tarde, Tarabelos propón Rosalía, todos por igual. Tamén en horario de tarde, o día 27, Eduvía, xestión cultural e lecer protagonizará a actividade Contamos en igualdade.

Xa nos venres de outubro as citas será pola tarde. O día 4 de outubro Menos dá unha pedra ofrecerá A escena verbas!, o día 11 Fámita Fernández propón Contos de sempre para xente dagora; o día 18 Antía Yáñez ofrece Rescate na biblioteca e as actividades de concienciación en igualdade rematarán nesta mesma xornada pola noite con Sole Felloza e o espectáculo Bolboretas.

As actividades deste ciclo foron seleccionadas dos catálogos de dinamización en bibliotecas Ler conta moito (da Consellería de Cultura e Turismo cofinanciadas co Concello do Saviñao) e Ler conta moito de igualdade (Consellería de Cultura e Turismo dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de xénero). As 8 actividades seleccionadas diríxense á infancia, xuventude e público familiar.

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...