IniciosociedadeSarria quere que os seus valores catastrais se adapten á realidade actual

Sarria quere que os seus valores catastrais se adapten á realidade actual

O Goberno do Concello de Sarria estuda a viabilidade de formular un recurso acerca da validez do proceso de valoración colectiva simplificada catastral realizada pola Xerencia Provincial do Catastro de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

O actual goberno no Concello de Sarria asegura que desde o comezo tratou de paliar os efectos que o proceso de valoración colectiva produce sobre os propietarios de leiras en núcleos rurais do Concello. Por este motivo decidiuse promover a redución dos núcleos rurais, cando tal medida sexa posible e solicitar da Xerencia Provincial de Catastro un novo relatorio de valores que adapte os valores catastrais á realidade actual, xa que o relatorio que se aplica está elaborado en 1986.

Tamén se solicitou aos servizos xurídicos da Deputación Provincial de Lugo un informe acerca da viabilidade de recorrer a validez do proceso de valoración simplificada colectiva levada a cabo, por entender que o proceso non é o adecuado. De ser viable tal recurso, formularíase polo Concello de Sarria en defensa dos intereses de todos os propietarios afectados.

A posibilidade de solicitar a declaración de nulidade ou a anulación do proceso non impide que as outras dúas medidas xa mencionadas, así como a bonificación do 95% da cota de IBI para edificacións agrícolas, forestais ou gandeiras, se leven a cabo, posto que a redución dos núcleos tería unha incidencia favorable aos administrados noutros impostos como o Imposto de Transmisións Patrimoniais.

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...