HomesociedadeDeteñen a un matrimonio que cultivaba marihuana en Monforte

Deteñen a un matrimonio que cultivaba marihuana en Monforte

A Policía Nacional detivo a dúas persoas por un delito contra a saúde pública en Monforte de Lemos, un home de 49 anos e a súa muller de 45 anos que cultivaban marihuana na súa vivenda

Publicado o

- Advertisement -

Este mércores, 29 de agosto, procedeuse a un rexistro xudicial autorizado polo Xulgado de Instrución nº1 en funcións de Garda de Monforte de Lemos, no domicilio do matrimonio, situado na zona das Lamas.

Durante o rexistro realizado interviñéronse na zona do terreo da vivenda oito plantas de marihuana duns dous metros de altura e outras cinco plantas de menor tamaño. Así mesmo, atopáronse outras plantas no interior dun alpendre que utilizaban como ” secadero”, con maquinaria específica para tal fin – deshumidificadores e radiadores-, así como varias plantas -” cogollos”- xa secas e preparadas para a súa distribución.

A zona de plantación contaba con varios focos de alta potencia para dar luz tamén durante o día. Interviñéronse tamén diversos útiles para a venda, embalaxe e distribución de substancias estupefaciente, así como dúas básculas de precisión, un vehículo e catro teléfonos móbiles.

Na súa totalidade, a plantación arroxou un peso bruto aproximado duns 60 quilogramos. O home detido actuaba contactando previamente cos compradores por teléfono, para posteriormente trasladarse co seu vehículo ao momento fixado, no cal realizaba o intercambio entre droga e diñeiro cos clientes, entre os que se atopaban varios menores de idade.

Os detidos tiñan antecedentes penais, no caso do home ata en dez ocasiones nos últimos tempos. Os dous foron postos a disposición xudicial, decretándose nos dous casos a posta en liberdade con cargos. O operativo policial foi levado a cabo pola Comisaría de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...