HomesociedadeConcerto de Bandas de Música Militares en Sober durante as festas

Concerto de Bandas de Música Militares en Sober durante as festas

O Concello de Sober, cita o 14 de setembro cun concerto de bandas de música militares e o 21 etapa do Rally Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

O concello de Sober organiza para o 14 de setembro un concerto de dúas bandas de música militares, a Unidade de Música do Terzo Norte da Armada, con sede en Ferrol, e a Unidade de Música do Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa, con sede na Coruña

O concerto, previsto para as 7 da tarde na Praza do Toural,está enmarcado na programación das Festas do Carme da localidade e servirá como homenaxe á Banda de Música de Sober no seu 150 aniversario

 Sober, etapa do RallY Ribeira Sacra

O Concello de Sober acollerá o vindeiro 21 de setembro unha das etapas do Rally Ribeira Sacra 2019. Despois de 8 anos será a primeira vez que esta proba pise a provincia de Lugo, con tres pasadas polo Concello de Sober. O Goberno local encargarase de financiar esta etapa da proba.

A carreira, que organiza a escudería Luintra, é unha cita dos amantes do motor xa consolidada no calendario galego. Os organizadores agardan unha participación moi elevada, que prevén supere os 130, entre eles o piloto local, Diego Pérez.

A etapa de Sober será o 21 de setembro e faranse tres pasadas por un tramo que sae de Canaval por Pena Cabreira, Moradela, Moreda, Vilaescura, Rosende, Lama dos Campos e Millán, con final na Praza do Concello de Sober. Un total de 9 km de percorrido “rápido, bonito e seguro para os asistentes”, tal e como explican desde a organización. As horas previstas de saída para a triplo pasada son as seguintes: 9:41, 13:50 e 17:59 horas.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte considera que as cámaras instaladas na cidade son para impoñer multas, non para mellorar a seguridade

A voceira popular, Katy Varela, explica que se pide esta información dadas as reiteradas...

Este 18 de xaneiro preséntase o tomo IX de Alicerces

O acto de presentación terá lugar este sábado, 18 de xaneiro, no Auditorio Municipal...

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...

Granxas familiares, un modelo en risco?

O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á...