IniciosociedadeOutono Gastronómico de Turismo Rural no sur da provincia

Outono Gastronómico de Turismo Rural no sur da provincia

A Consellería de Cultura e Turismo pon en marcha unha nova edición do programa "Outono Gastronómico en Turismo Rural" na que un total de nove  establecementos da Zona Sur da provincia de Lugo convidan a gozar da gastronomía galega presentando cada un deles dous menús diferentes elaborados cos mellores produtos da tempada.

Publicado o

- Advertisement -

A campaña promociónase cun autobús itinerante que informará do programa, que se desenvolverá entre o 13 de setembro e o 15 de decembro en toda a Comunidade.

Os establecementos participantes na Zona Sur de Lugo son Casa do Romualdo (Taboada); Casa Benaxo (O Saviñao); Casa Caselo (Folgoso do Courel); Pazo do Piñeiro (Chantada); Rectoral de Castillón e Casa dos Muros (ambas en Pantón); Casa Grande de Rosende e Rectoral de Anllo (Sober) e Ferrería de Rugando (Quiroga).

Dentro da campaña, este ano ponse en marcha a oferta “Outono Plus”, que dá a posibilidade de degustar da mellor gastronomía e aloxamento, ofrece actividades complementarias como paseos a cabalo ou por espazos de interese cultural e ambiental, rutas de sendeirismo, visitas a adegas con catas de viño, ou gozar dunha actividade de escape room.

Cada unha das casas rurais ofrecerá dous menús distintos, exclusivamente concibidos para esta ocasión. Ademais do “Menú Outono Gastronómico” —que inclúe a oferta gastronómica sen aloxamento— tamén hai a posibilidade de adquirir o “Paquete Outono Gastronómico” —que permite degustar o Menú Outono Gastronómico e durmir na casa de turismo rural elixida—, ou gozar da oferta completa coa “Fin de Semana Outono Gastronómico”. Se a opción escollida é compartir coa familia a fin de semana, ponse en marcha a oferta “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico” (1 ou 2 nenos).

As ofertas descritas son válidas para os venres, sábados e domingos, agás as fins de semana das pontes (11 ao 13 de outubro, do 1 ao 3 de novembro e do 6 ao 8 de decembro).

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...