HomesociedadeMiguel de Cervantes no despacho da alcaldía en Monforte

Miguel de Cervantes no despacho da alcaldía en Monforte

O óleo de Luis Rodríguez Fernández “Miguel de Cervantes escribiendo sus últimas voluntades al VII Conde de Lemos”, que recibiu este 4 de setembro o Concello de Monforte, colocarase na Alcaldía. Mentres a cidade prepárase para celebrar o día 6, o Día Europeo da Cultura Xudea.

Publicado o

- Advertisement -

Luis Rodríguez Fernández, veciño de Monforte, amante da pintura donou ao Concello de Monforte, este mércores, 4 de setembro, o cadro denominado “Miguel de Cervantes escribiendo sus últimas voluntades al VII Conde de Lemos”.

O óleo amosa ó universal escritor español postrado na cama escribindo as súas derradeiras vontades ó VII Conde de Lemos, será colocado no despacho de Alcaldía, xunto cos outros tres cadros que xa cedeu anteriormente Luis Rodríguez, e que recollen o retrato do VII Conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro, o do Cardeal Rodrigo de Castro, e o de Dª Catalina de la Cerda y Sandoval, esposa do VII Conde de Lemos e fundadora do convento monfortino de Santa Clara.

O Alcalde de Monforte, en nome de todos os monfortinos, agradece a Luis Rodríguez a súa xenerosidade e o seu interese e preocupación pola cultura e patrimonio artístico e cultural de Monforte.

Día Europeo da Cultura Xudea en Monforte

O Concello de Monforte conmemora este venres, día 6, o Día Europeo da Cultura Xudea cun acto que se desenvolverá ás 19.00 horas na Rúa Falagueira de Monforte, a carón do nº9.

No acto, presidido polo Alcalde de Monforte, plantarase un olivo e descubrirase un monolito con placa conmemorativa, ademais de ler un texto de homenaxe en lembranza da Comunidade Xudea e Xudeu Conversa monfortina que, ó longo dos séculos, contribuiu á construción e á existencia de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...