HomesociedadeO oso pardo de regreso no Courel

O oso pardo de regreso no Courel

Este 4 de setembro inaugurouse na Estación Científica do Courel, a actividade formativa, A conservación de grandes carnívoros en áreas de expansión: o caso do oso pardo na Serra do Courel

Publicado o

- Advertisement -

O deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández, participou na inauguración do seminario de verán “A conservación de grandes carnívoros en áreas de expansión: o caso do oso pardo na Serra do Courel” que organiza a Universidade de Santiago na Estación Científica do Courel. Un acto presidido polo catedrático da USC, Antonio Rigueiro, e o representante da Fundación Oso Pardo, Fernando Ballesteros.

Durante tres días, dende este día 4 ata o venres, un total de 25 persoas coñecerán máis de preto da man de expertos, diferentes cuestións vencelladas coa recuperación e a conservación destas especies, así como técnicas e protocolos que están funcionando agora mesmo.

Roberto Fernández destacou na súa intervención que a Deputación, que achega 12.000€ a esta actividade, colabora con estas iniciativas porque “entendemos que é de especial importancia achegar a toda a cidadanía cuestións relevantes co medio que nos rodea e que poñen en valor a conservación de grandes especies”.

ÚLTIMAS

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...