HomesociedadeComezaron as actividades sobre igualdade no Saviñao

Comezaron as actividades sobre igualdade no Saviñao

A sensibilización en materia de igualdade será protagonista os venres de setembro e outubro na Biblioteca Municipal do Saviñao. Este pasado 6 de setembro tivo lugar a primeira das actividades programadas.

Publicado o

- Advertisement -

A actividade =Igual con Dani Viéitez e Iria Iglesias, autores da serie do Raposo Rufo e de Amanita e Pilonga e veciños de Pantón, foi a primeira das programadas para estes meses na Biblioteca Municipal do Saviñao co obxectivo de concienciar sobre igualdade.

Na devandita actividade, que tivo lugar este pasado venres, Dani e Iria falaron do seu traballo como ilustradores, das tarefas na casa que reparten equitativamente e ofreceron un conta contos relacionado coa igualdade, dando a coñecer conceptos como a empatía, o respecto, o sexismo e o feminismo.

As personaxes protagonistas da historia descubrían que, independentemente de que tiveran 2 ou 3 anteniñas, podían vestir como querían ou levar as cores que lles gustaran, xogar ao que máis lles apetecera e que estaba ben ter gustos diferentes.

Éxito de participación na actividade. Foto: Mónica Carballo

A acción rematouse cun obradoiro de ilustración no que se tiñan que debuxar facendo o que máis lles gustara, independentemente de que se dixera que iso é “cousa de nenos” ou “cousa de nenas”.

A vindeira actividade, que chegará o venres 13 ás 12:00 h., será impartida por Carmen Domech e levará por título A carteira de Augasclaras”

Todas as actividades están enmarcadas no Ciclo Ler Conta Moito, que impulsa a Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas de Galicia, e que está cofinanciada polo Concello do Saviñao.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...