HomesociedadeMedio Rural apela á colaboración cidadá para combater a actividade incendiaria

Medio Rural apela á colaboración cidadá para combater a actividade incendiaria

O lume da Comarca de Lemos foi un episodio máis dunha lacra que segue arrasando o noso país, alcanzando na vaga de incendios destes días as 1100 hectáreas queimadas en Galicia. Dende a Consellería de Medio Rural piden axuda aos galegos e galegas para combater a actividade incendiaria.

Publicado o

- Advertisement -

Medio Rural fai un novo chamamento á colaboración cidadá para intensificar a loita contra a actividade incendiaria e pide a máxima cautela, para non dificultar as investigacións en marcha destinadas a clarificar as causas dos incendios. Así mesmo tamén están a traballar para dar cos responsables do uso de artefactos incendiarios localizados estes días polos profesionais do Servizo de Prevención e Defensa de Incendios Forestais de Galicia (SPDCIF).

Artefacto incendiario localizado. Foto: Medio Rural

Ademais, o conselleiro José González, fixo un chamamento á “concienciación” e animou aos veciños e veciñas a denunciar aos incendiarios a través do teléfono 900 815 085. “O teléfono está a funcionar ben, incrementáronse o número de denuncias, que son anónimas e confidenciais”, sinalou.

Por último, González lembrou a importancia de que “estean limpas as franxas” de protección reglamentarias que se establecen ao redor das aldeas. Así, lembrou que a Xunta activou medidas para axudar aos concellos no cumprimento das súas tarefas de limpeza e que serán “incisivos” no seu cumprimento.

Infomación complementaria sobre este tema no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...