HomesociedadeBatalla de grupos do Trece Roeis Fest

Batalla de grupos do Trece Roeis Fest

O parque da feira do Concello de Pantón acolle este sábado, día 14 de setembro, a batalla de grupos do Trece Roeis Fest, cuxa celebración o pasado 13 de xullo se suspendera por mor do temporal.

Publicado o

O Festival plantexábase con dúas citas, a batalla de grupos do 13 de xullo e o Festival propiamente dito que se celebrou o pasado 17 de agosto. O 13 de xullo o temporal fixo que esta proposta fose aprazada para retomala este sábado, 14 de setembro. Comezará ás 20.00 horas contando coa participación de 8 bandas de folk: Mileth, Liberad al kraken, Searas, Cabodano, Folkcongrelos, TiamGZ, Fora ostias, Maina Materia e Debezo. Formacións de diferentes estilos como rock, rap, metal ou blues con música 100% en galego.
Depois do concurso coñecerase ao gañador que será a primeira banda do Trece Roeis Fest do vindeiro ano. A formación vencedora gravará ademais un disco de estudio de 10 cancións. Tralo veredicto do xurado contarase con sesión dj.
A asistencia ós concertos é gratuita e contarase tamén con zona de acampada de balde. Desde a organización convídase a participar desta iniciativa que colle o relevo do Festival do Castro e que definen como un “evento orixinal e único en toda Galicia”.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...