HomesociedadeConcentracións polo crime machista de Valga

Concentracións polo crime machista de Valga

FEMforte convoca para este mércores, día 18, ás 20:15hs. unha concentración no Campo de San Antonio en repulsa polo triple crime de Valga. As convocatorias de Concellos e Deputación sucédense desde onte.

Publicado o

Na súa convocatoria FEMforte sinala que “é preciso construir dende o ámbito local un rexeitamento social unánime do terrorismo machista. Por tal motivo unímonos á convocatoria simultánea que terá lugar maña en máis de 40 municipios galegos. Nas concentracións instaremos aos poderes públicos a adoptar novas medidas  urxentes (xa que as actuais estase a ver que son insuficientes e/ou inadecuadas) e a incrementar os recursos que destinan para a loita contra a violencia machista.”
FEMForte sinala tamén que que dos 3 feminicidios ocurridos en Valga, só un deles será considerado como violencia de xénero segundo a lexislación estatal. Os dous restantes non contarán nas estatísticas de violencia machista nin penalmente se lles poderá imputar o agravante de violencia de xénero, senón que serán tratados como homicidios ou asasinatos.
O Concello de Monforte ten convocado tamén un minuto de silencio para este mércores ás 12.00 diante do concello.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...