HomesociedadeMelloras para o Centro da Seguridade Social en Monforte

Melloras para o Centro da Seguridade Social en Monforte

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, avanzou este luns, 23 de setembro, que o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social fará melloras no Centro da Seguridade Social de Monforte de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno fixo este anuncio na visita ao CAISS de Monforte de Lemos, na que estivo acompañada do alcalde, José Tomé e do director provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesourería Xeral da Seguridade Social, Juan José Rodríguez Gude.

O CAISS de Monforte dá servizo a unha poboación potencial de 100.000 persoas do sur da provincia e atende cada mes a unha media de 1.400 usuarios.

A subdelegada aseguraba que unha das prioridades que se marcou ao asumir o cargo, hai pouco máis dun ano, “foi a de que a Administración do Estado lle dea a mellor atención posible aos veciños e veciñas da provincia de Lugo, e, dentro dese obxectivo, enmárcanse as xestións feitas para dotar das máis axeitadas instalacións aos usuarios da Seguridade Social na provincia de Lugo”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...