HomesociedadeSober xoga ao pádel

Sober xoga ao pádel

O Concello de Sober contará en outubro cunha pista de pádel. Pola súa banda a Escola Municipal de Teatro vén de abrir o prazo de inscrición.

Publicado o

- Advertisement -

As obras desta pista de pádel realizáronse a través dun convenio coa Secretaría Xeral para o Deporte e contaron cun orzamento de 25.000 euros.

As instalacións serán de uso gratuíto e funcionarán a través dun club de Pádel local que xa está en fase de creación.

O Concello de Sober incrementa así as posibilidades deportivas para todos os veciños e veciñas, ás que se sumarán as actividades que oferta o ximnasio municipal, cuxo uso tamén é de balde.

A ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO DE SOBER 

A Escola Municipal de Teatro de Sober vén de abrir o prazo de inscrición. Os interesados e interesadas poden anotarse ata finais do mes de setembro no Centro Sociocultural ou ben no teléfono 982 46 05 13. As clases darán comezo o venres día 4 de outubro ás 20:00 horas no Centro Sociocultural de Sober.

A Escola Municipal de Teatro de Sober afronta o seu quinto ano de vida. Neste tempo fixeron dez pezas da propia escola (seis de teatro adulto e catro de infantil), dúas colaboracións coa Escola de Música, actividades teatrais na Biblioteca (Día do Teatro, Día do Libro e Letras Galegas) e participaron nas dúas edicións do festival Escaleira Literaria de Sober.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...